O movemento veciñal dúbida que a retirada da tarifa nocturna sirva para aforrar

Industria afirma que o recibo da luz será dous euros máis barato que antes

Autor: La Voz Data 1/3/2008
O movemento veciñal ourensán reuniuse onte na capital con dous altos cargos do Ministerio de Industria para coñecer en detalle o novo panorama eléctrico ante a retirada da tarifa nocturna. Segundo expuxeron o director xeral de Política Enerxética, Jorge Sanz, e a subdirectora adxunta da Subdirección Xeral de Enerxía Eléctrica, Teresa Baquedano, o uso racional da enerxía na asimilación da tarifa nocturna coa tarifa xeral con discriminación horaria permitirá ao consumidor medio un aforro de 2,56 euros ao mes na súa factura.
No encontro mantido onte na capital ourensá, os representantes de Industria tamén precisaron aos dirixentes veciñais que a nova normativa non contempla a substitución dos contadores e os acumuladores. Outra das dúbidas que se expuxeron referíase ao cobro de dereitos de extensión e acceso por parte das eléctricas ao consumidor. Os portavoces de Industria sinalaron que se poden producir interpretacións equivocadas. Así, recomendaron aos afectados que presenten a correspondente reclamación ante as comunidades autónomas.

A visión veciñal tras a reunión non era tan optimista como a mensaxe enviada desde o Goberno central. O presidente da federación Limiar Manuel Carneiro asegurou: «Non nos valeu de moito. A molestia agradécese, pero o certo é que esta información non se corresponde coa que tiñamos ata agora e que prevé unha subida de ata un 49%». Por iso, afirmou que seguirán recollendo firmas e mostrándose en contra da supresión da tarifa nocturna. Para rematar, puntualizou que xa teñen recollidas novecentas firmas.
Fonte

Leave a Reply

  • Ligazóns

  • Categorías

  • Entradas recentes

  • Comentarios recentes

    Anabel on Confederación Estatal de Asoc…
    Anabel on Confederación Estatal de Asoc…
    Anxo on Confederación Estatal de Asoc…
    Barri Sant Antoni on Confederación Estatal de Asoc…
    Anton on Confederación Estatal de Asoc…
  • Top Posts

  • Arquivos

  •  

    Marzo 2008
    Lu Ma M Xo Ve Sa Do
        Apr »
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
  • Estatísticas

  • Meta