Charla Informativa en Ourense
A Plataforma Galega de Afectados pola Supresión da Tarifa Nocturna convoca unha charla informativa para o vindeiro 28 de abril as 20:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense, co obxecto de tratar as posibles actuacións a realizar para defender os nosos dereitos como usuarios.
Prégase a todas aquelas persoas que desexen efectuar a reclamación pertinente no acto que leven un recibo da electricidade.